Jesús Otero Calvo


Categoría: Profesor
Data de Nacemento: 20 de agosto de 1950
Lugar de Nacemento: Podente - Monterroso (Lugo)
 Currículum

Mestre de Primeira Ensinanza e licenciado en Xeografía e Historia, foi profesor de secundaria e director do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, profesor de secundaria en Sarria, Mondoñedo e Monterroso (Lugo), director do IES San Rosendo (Mondoñedo) e xefe de estudios e director do IES de Monterroso. Ademais de obter o Certificado de Aptitude Pedagóxica, realizou os cursos de Iniciación e Perfeccionamento da Lingua Galega, un curso de especialidade de Educación Física, un curso sobre “Metodoloxía e Didáctica da Historia no Bacharelato” e un curso de Informática Básica I. Ademais, fixo a presentación de “La Función Directiva con la Ley de Calidad” no III Encontro Galego de Educadores e Orientación, participou como asistente na formación “Equipos Directivos de Enseñanzas Medias”, foi o coordinador do Seminario Permanente de Educación Física. Estudios sobre o Deporte Escolar, participou nas Xornadas de Debate do DCB de Educación Física, nas Xornadas Estatais sobre o Proxecto de Reforma do Sistema Educativo (L.O.S.E.), como asistente a “A Informática Aplicada á Educación” (30 horas) e a “Os Novos Medios aplicados á Ensinanza” (30 horas), como relator na formación de profesorado “Estudios dos Obxectivos Xerais e Criterios de Avaliación” e no tema “Avaliación de Centros” (30 horas). Tamén asistiu ó IV Curso Intencional de Rehabilitación e Medicina Deportiva e I Xornadas do “Grupo de Rehabilitación e Deporte da S.E.R.” e ó seminario sobre “Inmigración e Educación. A intervención da Comunidade Educativa” (2003). 

Foi Subdelegado do Goberno en Lugo.