Graduouse e exerceu de docente en Venezuela durante 19 anos, desempeñando tamén diversos traballos de responsabilidade no campo da docencia. En 1984, regresou á Coruña e estableceuse como autónomo. En 1985 creo a asociación "Área Comercial Oza" da que foi vicepresidente ata que se fundou a Federación de Áreas Comerciais da Coruña, da que é presidente. En 1987 fundouse a "Asociación de Autónomos de Galicia" ocupando o cargo de vicepresidente ata 1999, ano no que pasou a ocupa-la presidencia. En 1993 creouse a "Federación de Autónomos de Galicia" da que foi vicepresidente ata 1999, ano no que foi elixido presidente polos socios. A raíz do "I Congreso Nacional de Autónomos" celebrado na Coruña, naceu en 1999 a "Confederación de Autónomos y Profesionales de España" (CAYPE) na que ocupa o cargo de vicepresidente.
Foi o organizador do I Congreso Galego de Autónomos (1991), 11 edicións da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia (1994-2004) e I Congreso Nacional de Autónomos (1999). Impartiu xornadas de formación para autónomos e participa asiduamente na revista "Los Autónomos", así como en radio e televisión, tendo como fondo, sempre, a lexislación e as axudas oficiais para traballadores autónomos.