É licenciada en Ciencias Económicas. A súa vinculación política ó PsdeG pasa por ostentar cargos de responsabilidade como o de secretaria de Organización de Medio Ambiente e Territorio da Comisión Executiva Nacional Galega. Ademais, foi asesora económica do Concello de Santiago. Parlamentaria desde 2001, na actualidade é Presidenta do Parlamento Galego.