Como artista, desenvolve as súa creatividade no eido da pintura, debuxo, escultura e cerámica.
Expón por vez primeira nos salóns da Sociedade Recreativa la Troya en Puente Canedo-Ourense no ano 1967. A partir de 1970 realiza exposicións en Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra, León, Palencia, Valladolid, Bilbao, Salamanca, Tarragona, Sevilla, Madrid, Paris, Venezuela, México, Portugal... As suas obras estan presentes nas máis selectas colecions privadas e museos do mundo enteiro.
En 1985 crea SIGNOS, empresa dedicada ao diseño e fabricación de creacións en porcelana.
Os seus traballos foron moi prezados en mercados de Europa, EE. UU. e en particular Xapón, onde se exportou a través do Corte Ingles.
Nos seus talleres, obraron artistas como Acisclo Manzano, Quessada, Virxilio... e realizóuse a mascota do Pelegrín.
Entre o ano 2012 ao 2015 desenvolve a sua época como docente na Escola de Artes e Oficios de Ourense e Verín. E creador do método educativo sobre talleres creativos.
En 2007, funda a editora A Formiga Rabicha, ca sua primeira obra bilingüe Galego-castelán “A Lenda no seu Lugar”, e a continuación edita obras sobre poesía, narracións e temas etnográficos colaborando con A casa do Patrón, e “Nos” Xente do redor.
No ano 2015 comeza a publicar no Faro de Vigo máis de 200 artigos-documentais sobre a cultura, tradicións, xentes, balnearios e patrimonio galego.
Posue doble grado en Cultura e Humanidades da U-Vigo e na actualidade colabora con a Universida de Vigo e a UNED. Foi responsable de prensa e comunicacións de FEGAUS, Federación de Asociacións Universitarias Senior de Galicia. Publicando os seus traballos na Revista 65 y más, Universitarios Senior.
Actualmente colabora en la revista Nos, Xente do Redor da que é fundador, e en distintas asociación culturais de ámbito Galego e está poñendo en marcha a Fundación Martínez Coello que pretende ser un importante referente cultural Galego.
Dende hai moito tempo, o autor, sentíu verdadeira inquedanza e admiración por A Bela Otero, a súa persoa e a historia da sua vida. Durante moitos anos investigou a traves de libros, documentos, prensa, revistas, postais... sobre os seus pasos e os acontecementos trascendentais da época e dos escenarios nos que vivíu. Todo esto fixo que o autor desta obra, Miguel Ángel Martínez Coello, converterase na actualidade sen buscalo, na maior autoridade sobre a verdadeira historia da vida de A Bela Otero e o seu tempo e de acadar a maior cantidade de documentos, libros, revistas, postais. e demáis obxetos sobre a sua persoa. So dicir que houbo quen asegurou que ca súa influencia poderíase evitar a I guerra mundial e que ela foi: A Belle Epoque.