Eva Parga - Dans


Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É doutora (PhD) en Economía Aplicada pola Universidade de Santiago de Compostela (2011) e licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2005).

Actualmente é persoal docente e investigador na Universidade Técnica de Ambato e lidera o traballo sociolóxico para a evaluación do valor social do Conxunto de Altamira en relación ó Programa de Investigación para a Conservación Preventiva e Réxime de Acceso da Cova de Altamira (2012-2014) do MECD para evaluar a posible reapertura da Cova.

Recentemente desenvolveu o seu proxecto posdoutoral na Sección de Organización de Empresas da Universidade Carlos III de Madrid e colabora co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC).

Os seus intereses de investigación residen na análise da innovación non tecnolóxica (social, organizativa, de xestión e modelos de negocio) en diversos sectores de actividade, actualmente se centra no estudo de servizos especializados, intensivos en coñecemento e relacionados co patrimonio e a cultura, a análise do seu impacto social e económico; e o estudo das súas tendencias e a súa xestión estratéxica. Este traballo foi recentemente recollido nun artigo da Revista Science.

Derivada de todos estes proxectos, ten unha longa experiencia no deseño e execución de traballo de campo sociolóxico aplicado ó patrimonio cultural.