José Luis Narbón García


Categoría: Avogado
Data de Nacemento: 31 de Agosto de 1954
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago (1972-77). Avogado en exercicio. Especialista en Dereito Urbanístico e Planificación Urbana. Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia (novembro 1990-decembro 1997). Feitos da súa traxectoria profesional: En 1984, ingresa na Administración Autonómica como secretario da comisión provincial de Urbanismo de Pontevedra. Posteriormente, xefe do Servicio Provincial de Urbanismo de Pontevedra e xefe dos Servicios Centrais de Disciplina Urbanística. Foi: -Vicepresidente da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia. -Vicepresidente do Instituto Galego de Vivenda e Solo. -Presidente das catro Comisións Provinciais de Urbanismo. -Conselleiro das Sociedades de Xestión Urbanística: Xestur Ourense e Pontevedra -Conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal. -Vocal da Comisión Galega de Medio Ambiente. -Vocal da Comisión Galega de Equipamentos Comerciais. -Asesor Xurídico do Banco de Crédito Agrícola. -Asesor Urbanístico do Concello da Coruña.

 Obras realizadas

Na actualidade é avogado en exercicio, asociado con MARTÍNEZ BARROS, ABOGADOS. Dirixe en Vigo URBAGALEX (Xestión Integral do Proceso Inmobiliario). Asesor Urbanístico dos Concellos de Ourense e Cambados. Autor de diversos estudios sobre Dereito Urbanístico; e impartiu múltiples conferencias sobre a materia e cursos especializados, dentro e fora de Galicia. E como Profesor da E.G.A.P. Baixo a súa etapa materialízáronse desde a Dirección Xeral de Urbanismo, os catro instrumentos básicos da Ordenación Territorial de Galicia: -As Normas Complementarias e Subsidiarias do Planeamento das catro Provincias Galegas (abril 1991). -Lei 7/1995 de Distribución e Delegación de Competencias en materia de Urbanismo. -Lei 10/1995, de Ordenación do Territorio de Galicia. -Lei 1/97, de 24 de marzo, do Solo de Galicia.