Isidro Parga Pondal


Categoría: Profesor e xeólogo
Data de Nacemento: 17 de decembro de 1900 (†4 de maio de 1986)
Lugar de Nacemento: Laxe-A Coruña
 Currículum

Realiza os seus estudios de bacharelato en Santiago e a carreira de Química na Universidade de Madrid, licenciándose en 1922. Ó ano seguinte obtén praza de profesor auxiliar de Química Inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela. Realizou estudios de doutoramento en Zurich, reintegrándose á universidade compostelá en 1933. Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela, Parga inicia as súas investigación sobre Galicia e forma ós primeiros xeoquímicos españois. En 1934 remata a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. Ó inicio da Guerra Civil é separado do seu posto de profesor, retírase a Laxe e crea unha empresa mineira para a explotación do caolín. Máis tarde instala alí o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. En 1945 colabora co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 a Universidade de Leveden colabora nos seus programas, como farían posteriormente as de Montpellier, Estrasburgo, Zurich, Munster e Lisboa. En 1962 é nomeado profesor agregado do Instituto Lucas Malleda.

 Obras realizadas

Os seus primeiros traballos sobre xeoquímica aparecen publicados na revista do recén nacido Semanario de Estudios Galegos, do que é membro. Outras publicacións súas son: Mapa Geológico de Galicia (1963), posteriormente realizou os provinciais, e Mapa Geológico de la Península Ibérica (1970). Realizou tamén dúas cartas do Macizo Hespérico Peninsular (1962 e 1982). Moitos dos seus estudios e investigacións foron editados.

 Outros datos de interese

Entre os premios que conseguiu destacan: Ramón Mourente (1958), Pedrón de Ouro (1965), Premio de Ciencias da Deputación da Coruña (1972), Premio de Investigación da Universidade de Santiago e da Universidade Menéndez e Pelayo (1982), medalla Castelao,... Foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi presidente honorario da Academia de Ciencias de Galicia, membro numerario da Academia de Doutores de Madrid, correspondente da de Ciencias de Madrid e da de Ciencias e Arte de Barcelona.