Pablo Rodríguez


Categoría: Monxe benedictino
 Obras realizadas

Foi frade benedictino moi interesado na Galicia céltica e na romana, como se ve nas súas obras Disertación céltica y Disertación acerca de las antigüedades de Galicia. Foi un dos apoloxetas xacobeos máis importantes do seu tempo coa súa obra Instrucción al público, o sea un Tratado diplomático, cronológico y apologético en demostración del Voto del Apóstol Santiago (conservado en manuscrito no Arquivo da catedral compostelá). Tamén escribiu Documentos importantes para la historia eclesiástica de Galicia y observaciones de no menor interés acerca de ellos (conservada na catedral compostelá).