É licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Avogado de profesión, a súa actividade política pasa tamén pola vida municipal, xa que é concelleiro no seu concello natal. Compaxina o seu cargo de deputado autonómico polo PsdeG con outras tarefas de responsabilidade dentro do partido, onde é secretario executivo provincial dos socialistas de Galicia e membro do Comité Federal de Revisión de Contas.
Foi deputado durante a VI Lexislatura no Parlamento de Galicia, na que ocupou os cargos de portavoz de área de Presidencia, membro da Comisión de Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, membro da Comisión do Regulamento, da Comisión do Estatuto dos Deputados, da Deputación Permanente, da Mesa da Comisión de Estatuto da situación da Emigración Galega e Secretario Xeral da Permanente do Grupo Parlamentario.
Na VII Lexislatura foi secretario da Mesa do Parlamento, da Comisión de Petición e da Comisión de Regulamento. Foi membro da Deputación Permanente, da Comisión non Permanente de Seguridade Vial, da ponencia conxunta para a elaboración da Proposta de Lei de Reforma do Regulamento, da comisión de reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e portavoz de Infraestruturas.