Comezou a plasmar en lenzos as súas ideas ó óleo e pastel a partir de 1992. As súas obras caracterízanse principalmente cun estilo impresionista xa que non intentan parecer fotos, senón facer da realidade un arte plasmado en lenzo. Xunto cun colectivo de pintores do Grove, forman en 2001 a asociación artística ARTEGROVE, da que é presidenta desde o ano 2003. Con este colectivo e a Asociación Artístico-cultural de Pontevedra empeza a facer as súas exposicións. Recentemente é socia de Alter’ARTE, unha asociación de pintores nacida en Vigo para promover a arte galega actual.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-2005: ‘Policromías’, Edificio Advo. da Xunta de Galicia (Lugo), ‘Arte na rúa’ (Pontevedra), ‘Pintura de Pontevedra’, Liceo Casino (Pontevedra), Primeiro Certame Luso-Galaico de Pintura ‘El vino y entorno’, itinerante, xullo-novembro (España e Portugal), ‘Mostravarius’, Casal de Ferreirós, Sala de Arte do Concello de Poio (Pontevedra), ‘Arte na Rúa’, Festa do marisco, O Grove (Pontevedra), ‘Cons e Mar’, Aula de Cultura de San Vicente, O Grove (Pontevedra), ‘Expoverán 05’, Sala de Arte da Cofradía de Pescadores, O Grove (Pontevedra), Pintura Galega de Pontevedra a Barcelona, Galería Darby Louise (Barcelona) e Sala Amalia Domínguez Búa, Sala de Arte do Concello de Bueu (Pontevedra).
-2004: ‘Punto de Encuentro’, Tenda de Clara (Pontevedra), Club de Golf (Vigo), Sala El Masón (Pontevedra), ‘Mulleres Artistas’, Sala da Confraría de Pescadores do Grove (Pontevedra), ‘7 Artistas Galegos’, Sala do Club Náutico de Sanxenxo (Pontevedra), ‘Fiestas del Carmen de O Grove’, Sala da Confraría de Pescadores do Grove (Pontevedra), Área Panorámica de Tui, Sala de Arte do Concello de Tui (Pontevedra), ‘Veranee con Arte’ (Pontevedra), ‘Sala Super8’ (Santiago de Compostela) e Café Vivacce (Santiago de Compostela).
-2003: Sala de Arte da Galería Cultural Loret, Ribadumia (Pontevedra), ‘Exposición Artistas Locais’, Confraría de Pescadores do Grove (Pontevedra), Hotel Maruxía, O Grove (Pontevedra) e Hotel Niza, O Grove (Pontevedra).
-2002: Club Náutico Pedras Negras, O Grove (Pontevedra) e Club de Remo Mecos, O Grove (Pontevedra).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-2005: Mesón O Museo, Cafetería Ambito, Sanxenxo (Pontevedra) e Bar Manos, O Grove (Pontevedra).
-2004: ‘Vivencias’, Tenda de Clara (Pontevedra) e Café Balcón, O Grove (Pontevedra).
-2003: Galería Cultural Lorem, Ribadumia (Pontevedra) e Cafetería Isis (Pontevedra).
-2000: Cafetería La Marquesina.
-1999: Hotel Maruxía e Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, O Grove (Pontevedra).