Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.
Portavoz municipal do PP en Allariz desde o 2001.
Candidato do PP ao Concello de Allariz nas eleccións municipais de 2003 e 2007.
Presidente da Xunta Local do PP de Allariz dende 2003.
Membro da Xunta Directiva e do Comité de Dirección Provincial do PP de Ourense dende o 2004. Responsable da Área de Relacións Institucionais.
Deputado no Parlamento de Galicia na VII Lexislatura. Portavoz de Presidencia e Administración Pública do Grupo Parlamentario Popular
Membro e Portavoz na Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, membro da Comisión de Educación e Cultura e da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes.
Membro e Portavoz da Comisión de Investigación sobre financiamento con fondos públicos de Axentes Electorais do PSOE.
Relator da Lei de Modificación da Lei pola que se creou a Escala de Axentes Facultativos Medioambientais.
Relator da Lei de Reforma da Lei da Función Pública de Galicia
Relator da Lei de Modificación da Lei de desenvolvemento Comarcal.
Na actualidade é deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular.