Profesor Axudante na Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, con docencia na Diplomatura de Xestión e Administración Pública. Secretario do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía desde outubro de 2006. Director de Eixo Atlántico, Revista da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Eixo Atlántico do Noroeste Penínsular). Director e coordinador de varios programas de posgrao (I Master en Políticas Comunitarias, Desenvolvemento e Cooperación Transfronteriza, Universidade de Vigo) de directivos públicos (Curso de Directivos da Xunta de Galicia, EGAP) e de formación continua relacionados coa xestión pública e o desenvolvemento sostible.
Entre as súas liñas de investigación máis destacadas figura a xestión pública e a calidade no ámbito local (especialmente aplicado á realidade transfronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal), e a análise das políticas públicas ambientais no marco intergubernamental e multinivel. Ten participado en varios proxectos nacionais e autonómicos en materia de desenvolvemento sostible, gobernanza multinivel e calidade nas organizacións locais, así como impartidas conferencias sobre estes temas en concellos españois e en Universidades españolas e latinoamericanas (Chile e Portugal). Así mesmo, é socio de GreenPoint, Consultoría de Xestión Medioambiental, desde a que dirixiu e coordinou proxectos de consultaría con diversas administracións autonómicas e locais de Galicia, Madrid, Murcia, Andalucía e Extremadura. Publicou unha monografía sobre as Administracións Públicas Contemporáneas baixo o título “Las Administraciones Públicas Contemporáneas en España. Una Visión Multidisciplinar desde el Estado de las Autonomías”, Editorial Tórculo, Santiago de Compostela (2003).