Estuda no Conservatorio de Ferrol e no Conservatorio Superior de Vigo, onde obtén Matrícula de Honra e Premio Extraordinario, estudando con Nicasio Gradaille. Durante ese tempo recibe ademais clases na Universidade de Alcalá de Henares Ferenc Rádos.
Amplía estudos no Instituto “Zoltán Kodály” de Kecskémet con Orsolya Szabó, na “Academia Franz Liszt” de Budapest con Rita Wagner e András Kemenes (2000-03), na “Universidad Mozarteum” de Salzburgo co destacado pianista Imre Rohmann (2003-06) e no “Conservatorio Tchaikovsky” de Moscú coa eminente pianista Elisso Wirssaladze (2006-07), alumna directa de H. Neuhaus, sendo o primeiro e único músico galego que estudou neste centro. Tamén recibe unha bolsa para ampliar estudos no “Conservatorio de Oberlin”, Ohio (USA) coa mestra Haewon Song durante o verán de 2008.
Ademais, ten perfeccionado os seus estudos con mestres de recoñecido prestixio mundial como Alicia de Larrocha, Zoltán Kocsis, Tamás Vasáry, Dimitri Bashkirov, Varjon Denes, Heinz Kammerling, Mitsuko Uchida, Alexei Volodin, Jasha Katsnelson, Marta Gulyás ou Almudena Cano, entre outros.
Ofreceu concertos en numerosas cidades de España, Francia, Reino Unido, Islandia, China, Corea do Sur, Rusia, Eslovenia, Croacia, Finlandia, Suecia, Letonia, Estonia, Austria, Alemaña, Suiza, Hungría, Bulgaria, Sultanato de Omán, Italia, Lituania e USA. En 2010, fai o seu debut na sala Carnegie Hall de Nova York.
Participou en ciclos de novos intérpretes de ¨Juventudes musicales” (1997, 98), “Asociación Teresa Berganza” (1999), “Jovenes talentos en Budapest (2001) “Fundación Pedro Barrié de la maza” (2004) e “Fundación Juan March” (2007).
Grabou un CD con obras de Bach, Chopin e Schumann, e un DVD con obras de Albéniz, Liszt e Rachmaninoff. Actuou con orquestras en España, Hungría, e Austria e foi finalista e premiado en diversos concursos.
Foi bolseiro polo Ministerio húngaro, o Ministerio de asuntos exteriores, a Axencia española de cooperación internacional, a Fundación Caixa Galicia e a Asociación AIE.
Como Profesor, impartiu clases maxistrais na Academia nacional de Islandia, no Sultanato de Omán, na Academia de Vilnius (Lituania), e na Academia de música de Estonia.
En Marzo de 2011 ofreceu clases maxistrais nunha da máis prestixiosas academias do mundo, Frederic Chopin de Varsovia, invitado polo departamento de piano, siendo o profesor máis novo de Europa que deu clases en dita institución. Tamén en 2011 realizou una xira de concertos por Varsovia e Cracovia.
Actualmente mantén a súa actividade concertística e é profesor de piano no “Conservatorio Superior de Música de Vigo”.