Pablo Alejandro Mosquera Mata


Pseudónimo:Bígaro
Categoría: Político, profesor e articulista
Data de Nacemento: 29 de xuño de 1947
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid e especialista en Saúde Laboral. Foi director e xerente de Hospital e por oposición, xefe do Servicio de Saúde Laboral e Medicina Preventiva do Hospital Santiago de Osakidetza en Vitoria. Foi secretario xeral de Unidade Alavesa, parlamentario vasco por Álava en cinco lexislaturas (incluída a actual). Foi membro durante dez anos da mesa de Ajuria Enea. Foi parlamentario Foral en Álava en tres lexislaturas. É profesor de Saúde Pública da Universidade Pública Vasca. Dentro das súas realizacións destaca a posta en marcha e inauguración do Hospital Txagorritxu de Oraldixtza (Servicio Vasco de Saúde) en Álava. Foi membro do Goberno Foral de Álava, responsable da carteira de Xuventude e Deporte.

 Obras realizadas

É autor de máis de 300 artigos en prensa nacional, vasca e galega, e colaborador habitual de El Progreso de Lugo. Membro fundador do Foro de Ermua. Tamén é o fundador e director da asociación cultural da mariña lucense "Os Aventados".
Actualmente é columnista de La Voz de Galicia, e Tertuliano de Radio Voz no programa 'Al final del día'.

 Outros datos de interese

Desde setembro de 2002 a febreiro de 2005, foi director do Hospital da Costa en Burela (Lugo).