Ovidio Fernández Ojea


Pseudónimo:Ojea
Categoría: Hosteleiro
Data de Nacemento: 10 de Novembro de 1940
Lugar de Nacemento: Drados, Chandrexa de Queixa (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Incorpórase a moi temperá idade ós colexios da capital da Provincia, onde os seus pais teñen un negocio de hostalería. Cursa estudios primarios no colexio Sueiro de Ourense e pasa despois ós Salesianos onde remata o segundo ciclo. Máis tarde inicia peritaxe mercantil no colexio Bóveda. Emigra a Río de Janeiro, no momento que lle comunican o recrutamento, ós 18 anos, alí se inicia como empresario de hostalería, actividade que concreta en Arxentina, con varios negocios. Regresa a España en 1970 e monta o seu primeiro negocio de hostalería en Ourense capital, posteriormente monta varios máis funcionando todos eles ata hoxe, cun cadro de persoal de 27 persoas. É presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia; e da Federación de Empresarios de Hostalería da provincia de Ourense, dende hai 14 anos. No goberno da Pre-Autonomía foi membro do Consello Galego de Turismo. Na Lexislatura de 1997 foi elixido concelleiro do Concello de Ourense, polo Grupo Popular e exerceu como primeiro tenente de Alcalde. Ata abril do 2000, foi vicepresidente primeiro da Cámara de Comercio de Ourense e presidente da Comisión de Turismo durante 8 anos. É actualmente membro do Consello de Administración de Turgalicia en representación do sector de Hostalería. É membro do Comité executivo do Padroado de Turismo de Ourense e membro do Comité executivo da Confederación de Empresarios de Ourense. É membro tamén do Comité Executivo da Federación Nacional de Hostalería de España. Actualmente é presidente da Cámara de Comercio de Ourense.

 Obras realizadas

É o máximo responsable da edición da Guía Turística da Provincia de Ourense, e da Guía de caza da mesma provincia promovida pola Cámara de Comercio, así como do traballo de arquitectura popular da Ribeira Sacra de Ourense, na que participou un equipo de expertos en arquitectura. Ten realizado varios concursos fotográficos de zonas turísticas con alumnos especializados. É promotor e impulsor do turismo rural en Galicia. Preside o Consello de Administración da revista Hostelería Galega, con 30.000 exemplares distribuidos mensualmente ó longo do ano, e preside un couto de caza maior e menor no concello onde naceu con cerca de 20.000 hectáreas.

 Outros datos de interese

Ovidio Fernández Ojea, ten como maior inquedanza, traballar de xeito incansable ó lado dos seus compañeiros e amigos para converter a Galicia nun dos destinos turísticos máis importantes de España. Está convencido de que Galicia dispón de todo o potencial necesario para logralo.