José María Pena López


Categoría: Catedrático de Dereito Civil
Data de Nacemento: 10 de novembro de 1942
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Licenciado e graduado pola Universidade de Salamanca, onde estudia, coas máximas calificacións, Dereito Civil co seu mestre español o Catedrático Don José Beltrán de Heredia y Castaño.

Realiza, coas mellores calificacións, os cursos monográficos do Doutorado, na Universidade Complutense de Madrid, cos mestres Alonso Olea, Garrigues e González Pérez.

Doutorase en Bolonia, estudando as asignaturas Institucións de Dereito Privado e Civil, respectivamente, cos Mestres Galgano e Ferri, e obtendo, tanto nos exames destas como na tese doutoral, dirixida por este último, a máxima calificación.

Profesor Axudante nas Universidades de Salamanca e Complutense de Madrid co Catedrático de Dereito Civil Dr. Beltrán de Heredia y Castaño.

Profesor Titular ou Adxunto, con vinteún anos de servizo (tendo gañado por concurso-oposición a súa plaza no Corpo Nacional de Profesores Adxuntos de Universidade en 1978, ante un Tribunal de sete catedráticos de Dereito Civil designados por sorteo), prestouno nas seguintes Universidades:

Autónoma de Madrid (onde transcorre 10 anos da súa vida académica nos que entronca cos discípulos do Profesor De Castro: Amorós, Bercovitz, Díez-Picazo e Morales), sendo Secretario do Departamento e coordinador da área; Extremadura (onde é chamado a colaborar co Catedrático de Dereito Civil Dr. Alonso Pérez), na que foi Director doDepartamento de Dereito Civil da Facultade de Dereito; Salamanca (onde de novo atende a chamada deste mesmo Profesor); Zaragoza (onde colabora co Catedrático de Dereito Civil Dr. Delgado Echevarría), sendo Director do Departamento de Dereito Civil da Facultade de Empresariais.

En 1991, ante un Tribunal de cinco Catedráticos de Dereito Civil, nomeados dacordo co sistema á sazón imperante (3 Catedráticos a sorteo e 2 designados pola Universidade de A Coruña), gaña, por unanimidade, a Cátedra de Dereito Civil do Departamento de Dereito Privado da Universidade de A Coruña, onde estivo destinado 18 anos e foi Director do Departamento de Dereito Privado e Decano da súa Facultade (8 e 6 anos respectivamente).

Foi Director dun nutrido grupo de investigadores na Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña. Como Director deste grupo de investigadores foi responsable dun Proxecto de Investigación sobre: “Autonomía privada e responsabilidade civil” e de outros sobre: “A tutela xurídica dos bens da personalidade” e sobre: “Novas tendencias do Dereito de danos”.

Foi autor da ponencia, sobre o “Título Preliminar da Lei de Dereito Civil de Galicia”, na Sección I: “Principios, fontes e recurso de casación” do III Congreso de Dereito Galego, ponencia que foi aprobada por unanimidade na Sección e sen oposición no Pleno do Congreso. Tamén foi poñente no II Congreso de Dereito Procesal, co tema de “A proba do costume”. Dirixiu a organización do evento e foi poñente, no I Congreso Internacional de Responsabilidade Civil, celebrado nesta Facultade, sobre o tema «Función, natureza e sistema de responsabilidade aquiliana no ordenamento xurídico español».

Dirixiu 7 teses doutorais, dos integrantes deste equipo de investigación prologando 6 na súa publicación.

 Obras realizadas

Publicou as seguintes obras doutrinais:

MONOGRAFÍAS:

- “La acción subrogatoria: Finalidad y consideración de su naturaleza como aspecto de un derecho real de garantía” , Cáceres, 1977.

- “Concepto de Derecho real”, Santiago de Compostela, 1998, 2ª Ed. 2009. Revisada.

- É Director e coautor de “Derecho de responsabilidad civil extracontractual”, Barcelona, 2004, Ed. Cálamo.

 

COMENTARIOS DE LEIS:

- “Comentario a los arts.1, 2 y 3 de la Ley de Derecho Civil de Galicia”, Comentarios al Código civil y Compilaciones forales (dirig. Por M. Albaladejo), 1997, Ed. Revista de Derecho Privado.

- “Comentario del art.4 del CC” en Comentarios al Código Civil (Coord. Por R. Bercovitz), Aranzadi, 2001, 2006 (2ªEd), 2009 (3ª Ed.) y 2013 (4ª Ed.)

 

ARTIGOS:

- “La nulidad del laudo extemporáneo”, C.C.J.C, nº20, 1989.

- “Sobre el fundamento legal del carácter cogente de la norma contravenida para los supuestos de nulidad de pleno derecho del art.6.3 C.C”, Actualidad Civil, nº19, 1990.

- “Precisiones complementarias para la aplicación del Derecho civil gallego a la luaz de la doctrina del Tribunal Constitucional”, Actualidad Civil, nº45, 1994.

- “La historicidad del Derecho civil”, Actualidad y Derecho, nº 48, 1995.

- “Derecho civil, Derecho común, Derecho especial”, Actualidad Civil, nº41, 1995.

- “El alcance del error de Derecho en el art.6.1 del C.C” en Revista de Derecho Privado, 1995.

- “Consideración del Derecho foral como Derecho común. El sistema autónomo de Derecho común gallego”, Actualidad Civil, nº46, 1995.

- “Ámbito del Derecho foral, como particular consideración del ámbito territorial y material del Derecho foral gallego”, Revista de Derecho de la Universidad Complutense, Anuario nº85, decembro, 1995.

- “Sistema de Fuentes en la Ley de Derecho Civil de Galicia”, AA.VV.: Derechos Civiles de España, T.III, Ed. Aranzado-BSCH, Pamplona, 2000.

- “Interpretación de los artículos 29 y 30 del Código Civil desde el significado institucional de la persona”, Revista Poder Judicial, 3º Trimestre 2002.

- “La prueba de la costumbre”, AA.VV: Estudios Jurídicos en Homenaje al Profesor Díez-Picazo, I, Ed. Cívitas, Madrid, 2003 y en Revista de Legislación y Jurisprudencia, outubro-decembro 2003.

-“Propuesta de reforma del Título Preliminar de la Ley de Derecho Civil de Galicia de 1995”, Anuario de la Facultad de Derecho de la Universidad de A Coruña. 2003 e en "Estudios Jurídicos en homenaje al profesor Albaladejo".

-“Función, naturaleza y sistema de la responsabilidad civil aquiliana en el ordenamiento jurídico español”, Revista de Derecho Privado, 2004

-“La reforma (del 2006) de la Ley de Derecho Civil de Galicia de (24-V-95) en materia de fuentes”, R.D.P. 2007.

 

PRÓLOGOS E TESES DOUTORAIS

Ademáis, realizou os Prólogos das seguintes monografrías correspondentes a outras tantas Teses Doutorais das que foi Director:

- “La función social de la propiedad en la Constitución española de 1978”, Barcelona 1997; de Rafael Colina Garea, Ed. Bosch.

- “La antijuridicidad del daño resarcible en la responsabilidad civil extracontractual”, Madrid, 1998; de José Manuel Busto Lago, Ed. Tecnos.

- “Cláusulas restrictivas de la responsabilidad civil”, Granada, 1998; de Natalia Álvarez Lata, Ed.Comares.

- “La responsabilidad civil derivada de los daños ocasionados al derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen”, Barcelona, 1998; de María Rovira Sueiro. Ed.Cedecs.

- “La culpabilidad en la resonsabilidad civil extracontractual”, Granada, 2000; de Fernando Peña López, Ed. Comares.

- “El resarcimiento del daño en la responsabilidad civil extracontractual”, Madrid, 2006, de Maita María Naviera Zarra, Ed.

Dirixiu tamén a Tese Doutoral: «El número de los derechos reales» de Dña. Ángeles Pérez Vega e foi codirector da de D. Rafael Rodríguez de Espona sobre: «Naturaleza y régimen jurídico de los Títulos y Grandezas del Reino». Teses todas que obtiveron a máxima calificación.

 

CONCORDANCIAS

Tamén lle foi encargada a dirección e coordenación das concordancias ás Leis de Dereito civil de Galicia editadas por Aranzadi en 1995.