Olalla López Costas


Categoría: Antropóloga física
Data de Nacemento: En 1983
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Granada, institución na que fixo un máster en Antropoloxía Física e Forense cun traballo de investigación sobre a necrópole da Lanzada. Encargada da antropoloxía na excavación de varias necrópoles de Galicia e Portugal. Pertence como investigadora á Área de Antropoloxía Física das Universidades de Granada e Santiago de Compostela, nas que está realizando a súa tese de doutoramento, centrada na variabilidade normal, patolóxica e alimentaria das poboacións galegas desde o Bronce ata a Idade Moderna. O tema específico da dieta mediante isótopos estables está sendo analizado conxuntamente coa Universidade de Reading (Reino Unido). Ademais colabora coa Área de Antropoloxía da Universidade de Barcelona.