Benito González Aller


Categoría: Enxeñeiro naval
Data de Nacemento: 28 de xullo de 1950
Lugar de Nacemento: Lalín (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Enxeñeiro naval pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais da Universidade Politécnica de Madrid fala galego, inglés e francés e é presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía desde xaneiro de 2002. Ademais, foi director do ente público Portos de Galicia (1998 - decembro 2001), director técnico e director de proxectos en Astano, S.A. (1990-98), director de fábrica en Santaz-Censa (febreiro 1990 – outubro 1990) e director de proxectos, xefe do departamento técnico e proxectos especiais en Dragados e Construccións (división Offshore), 1981-90. Asistiu a numerosos cursos en Inglaterra, Mónaco e Noruega relacionados coa industria offshore. Está casado e ten catro fillos.

 Obras realizadas

Foi profesor nos III e IV Cursos de Postgrao sobre Dereito Marítimo e Xestión Portuaria (Universidade da Coruña) e nos I, II, III e IV Cursos de Postgrao sobre Deseño e Producción de Embarcacións Deportivas (Universidade da Coruña). Ten dado as seguintes conferencias: “Dirección de proyectos en el entorno de la industria naval y oceánica” (Escola Politécnica Superior de Ferrol), “La gestión de los puertos autonómicos de Galicia” (Escola Politécnica Superior de Ferrol), “Puertos de Galicia. Planificación y gestión” (Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños da Coruña), “La nacionalización del mar y su repercusión en los puertos” (Fundación Barrié de la Maza), “Seguridad y preservación del medioambiente” (Fundación Barrié de la Maza), “Las alianzas en la industria naval” (Curso superior de xestores do sector naval) e “Los puertos autonómicos de Galicia” (Curso de postgrao “Economía pesquera”, Universidade de Santiago).

 Outros datos de interese

Foi voceiro dos consellos de administración das autoridades portuarias de Vigo, Marín-Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol desde xuño de 1998 ata xaneiro de 2002.