Octavio Vázquez


Categoría: Compositor e pianista
Data de Nacemento: 10 de setembro de 1972
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e posteriormente no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, cunha bolsa da fundación Barrié de la Maza. Doutorouse na Universidade de Maryland, College Park, onde foi bolseiro da propia universidade.

 Obras realizadas

Compuxo extensamente en tódolos xéneros, dende música de concerto até bandas sonoras. A súa música foi interpretada por directores como C. Kalmar, H. Schellenberger, Víctor Pablo Pérez, Maximino Zumalave ou Teri Murai, e solistas como Daniel Gaisford, Eldar Nebolsin, Viacheslav Dinerchtein, Jonathan Gandelsman, Nurit Pacht, Jennifer Bleick, ou Nicholas Chords. Recibiu encargos do New York State Council on the Arts, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Meet the Composer, Guernica Project, e da Fundación Chi-Mei, entre outros. Festivais nos que participou inclúen a Kölner MusikTriennale, o Prokofiev International Festival, o festival Via Stellae e Música en Compostela.

 Outros datos de interese

Dende 1999 vive en Nova Iorque, onde ademais de compor é director musical da United Moravian Church e membro fundador da ONG ‘Guernica Project Inc.’, que promove a cooperación internacional por medio da música e das artes.