Noemi Mazoy


Categoría: Cantante e actriz
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Desde nena ten contacto directo co escenario. Compaxina estudos de música e danza, dedicándose tamén á composición de cancións co que segue actualmente. Trasládase a Madrid e estuda ‘Arte Dramático’ na Real Escola Superior de Arte Dramático (RESAD), ‘Canto’ coas profesoras Esperanza Abad e Emelina Castelló e ‘Ballet clásico, tradicional, claqué, jazz e contemporáneo’ con María de Ávila, Karen Taft, Yoselín Alizar, Barry e Suárez Torga, entre outros. Obtivo o premio extraordinario de paso de grao no Conservatorio ‘Arias Maceín’ de Madrid e unha bolsa do Ministerio de Cultura para realizar en Madrid un Curso de ‘Dirección de coral’, I Curso Internacional de Música ‘Juan Montes’ de Lugo, Curso de canto impartido por Esperanza Abad, Curso de teatro dirixido por Dina Roth e III Seminario Internacional de Teatro ‘Comedia Dell´Arte’ impartido por Antonio Fava. Entra a formar parte do Orfeón Lucense sendo solista.
Anteriormente ós seus estudos desempeñou o papel principal de Sabeliña na Zarzuela ‘Non Chores Sabeliña’, letra de Trapero Pardo, música de Gustavo Freire no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, organizado polo Orfeón Lucense como homenaxe ó falecido Trapero Pardo. Profesora de canto curso 2001-2002 Escola de Teatro e Musicais ‘MEMORY´ S de Madrid.

 Obras realizadas

-Gravación en cinta da Zarzuela ‘Non chores Sabeliña’ – El Correo Gallego Fonoteca 92.
-Cantos Rodados en Key-Help e na Casa de Galicia, Palacio de Avellaneda (Madrid).
-Solista do grupo de cámara Axivil.
-Gravación do disco ‘En un salón de La Habana’ nos Estudios de TVE, subvencionado pola Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.
-Presentación do disco ‘En un salón de La Habana’ no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo.
-Gravación no plató de TVG do programa Luar Dona Dana Touro.
-Concertos en Alcoy, Madrid, Sevilla, etc...
Como cantante participou en varios concertos e en produccións teatrais e dirixiu a montaxe escénica e interpretou o papel principal na Opereta ‘Tratado de Armonía’ de Octavio Vázquez no Centro Cultural de Moncloa en Madrid.
MUSICAIS: ‘Godspell Robin’, Teatro Infanta Isabel (Madrid), ‘Estamos en el aire’, Teatro Alcázar (Madrid), ‘Jeckyl & Hyde’, ‘Lady Beaconsfiel’, Teatro Nuevo Apolo (Madrid), ‘Annie’, Teatro Nuevo Apolo (Madrid), ‘El fantasma de la Ópera’, Teatro Lope de Vega (Madrid), ‘Víctor Victoria Norma Cassidy’, Teatro COLISEUM (Madrid) e ‘La noche de Raphael’, Noche Buena.
ZARZUELA: Compañía MIRAMON MENDI (2004/2005).
SOLISTA: ‘Los Gavilanes’ (Rosaura), ‘La Verbena de la Paloma’ (Casta), Luisa Fernanda (Rosita), ‘Gigantes y Cabezudos’ (Pilar), ‘La Corte de Faraón’ (Raquel), ‘La Tabernera del Puerto’ e ‘Doña Francisquita’ en Barcelona, Valencia, Málaga, Guadalajara, Almería, Bilbao, Santiago e Vigo.
ÓPERA: ‘AÍDA, La Gran Sacerdotisa’ e La Bohéme.
Ademais, participou nos seguintes actos: musical ‘Víctor Victoria’ no Teatro COLISEUM de Madrid (2005) no papel de Norma Cassidy, 15 Aniversari 1990-2005 Orfeó d´Ascó (Tarragona), Festival de La Copla Española 2005, Castilla La Mancha Televisión Puertollano, Peche de actos con motivo do 150 Aniversario do Círculo das Artes de Lugo, Peche do II Ciclo de Novos intérpretes (2000), Asociación Lírica Galega Teresa Berganza, Santiago de Compostela, Concerto Círculo de Belas Artes de Madrid e Concerto ‘Amigos de la Ópera’ de Madrid (2003), ‘Concerto do Nadal Noemi Mazoy’ (2000 / 2001 / 2002 / 2003 / 2004 / 2005), acompañada ó piano por Emilio Bayón, Armando Pelayo e Arturo Díez Boscovich respectivamente, Igrexa Parroquial San Pedro (Lugo) e Concerto do Día dos Namorados 14 de febreiro de 2004 no Hotel Palace de Madrid.

 Outros datos de interese

En 2006 foi recoñecida pola Asociación Amigos dos musicais Marmara (organizadores) como mellor actriz de reparto no papel de Norma Cassidy do musical ‘Víctor Victoria’, foi elixida ‘Lucense 2000’ pola Asociación de Radio e Televisión de Lugo, nomeada ‘Salmónida de Honor’ pola Peña Salmónida de Lugo, gañadora do Concurso ‘Amigos de la Ópera de Madrid’ (2002), invitada especial en ‘A Casa da Anta Lanhelas’ (Portugal), televisada no Programa ‘Galicia para el mundo’ e portada e entrevista da revista mensual ‘Entremuros’ (xaneiro 2004).