Mª Vitoria Ogando Valcárcel


Data de Nacemento: 2 de xuño de 1956
Lugar de Nacemento: Buenos Aires (Argentina)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Ao morrer o seu pai regresou con cinco anos a Ourense. Estudou o bacharelato no Instituto Rosalía de Castro de Santiago e logo Filoloxía. Pertence á 1ª promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa (con Manuel Ferreiro, Francisco Salinas, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Xosé Ramón Pena, Mª Xosé Queizán, Miguel Mato, César Morán...).
Ricardo Carballo Calero, Xosé Luís Rodríguez, Antón Santamarina... formaron esta promoción de filólogos.
Nas primeiras oposicións de Lingua Galega a catedráticos de Instituto (1981) obtivo praza no Valle-Inclán de Pontevedra (no que segue aínda no 2007 e leva varios anos de Secretaria).

 Obras realizadas

Publicou en 1987 xunto co seu home, Anxo González Guerra, un libro de moito éxito nese tempo: “Exercicios de Lingua”. Desde 2005 Vitoria e Anxo gobernan a páxina web Galego exercicios e pseudónimos (www.xente.mundo-r.com/anvi).