Cando con oito anos ganou o seu primeiro premio de poesía nun certame convocado pola biblioteca provincial da súa cidade, descubriu que as verbas agochaban infinitas ideas en diversas combinacións e que só tiña que atopar as que narrasen os seus sentimentos.
A súa nai di que nunca lle gustaron os libros con debuxos, “os debuxos non din nada, as letras cóntano todo”. Por iso, desde que lembra é unha gran afeccionada á lectura e cre que iso fomentou a súa habilidade para escribir.
Ten 18 anos e estuda Química Industrial no Campus de Lugo. Aínda que lle parece unha contradicción (letras e química), gústanlle ambalas dúas e non cre que sexan incompatibles. Sempre existiu moita química na literatura, aínda que non se dé coa fórmula correcta.
Ganou moitos premios pero hai algúns dos que se sente especialmente orgullosa:
-Ganadora dos Relatos de Verán 2002 "La Voz de Galicia" en 2003.
-1º Premio narración e 1º poesía. Certame 2003 de Poesía e Narración por Internet "Temos un Parlamento, temos unha Lingua". Santiago 2003.
-1º Premio. “IV Certamen de relato breve navideño Cuna del Canal de Castilla”. Palencia 2003.
-1º Premio. “X Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo”. Lugo 2004.
-3º Premio. “IV Certamen Cultural Jóvenes Artistas”. Cáceres 2004.
-1º Premio. “Premio Literario Internacional St.Paul's”. Barcelona 2004.
-1º Premio. “XIII Concurso de cuentos Ayuntamiento de Llodio”. Álava 2004.
-1º Premio. “Certamen El Cuentacuentos”. Madrid 2004 e 2005.
-1º Premio teatro. “XI Concurso Literario Ánxel Casal”. Santiago. 2006.
-1º Premio. "Certamen Nacional de dibujo y relato fantástico Sestaoko Gaztelekua”. Sestao (Vizcaya) 2006.
-1º Premio. “III Concurso Literario Rita Suárez Amado”. A Coruña 2008.
-2º Premio poesía. “XIV Premio Internacional de Narrativa y Poesía “Miguel Hernández”. Melilla 2008.
-1º Premio relato corto. “XIX Concurso de Cuentos “Noble Villa de Portugalete”. Portugalete 2009.
-2º Premio. “Certame de Díaz Jácome para novos creadores”. Mondoñedo, Lugo, 2009.
-1º Premio. “II Certamen de Relatos cortos para jóvenes “Corazón de la Mancha”. Alcázar de San Juan, 2010.
-3º Premio. “Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores”. Mondoñedo, Lugo, 2010.
-Accésit. “XXXV Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal”. Begonte, Lugo, 2010.
Agarda que, co paso do tempo, as ideas sigan sendo infinitas e infinitas as formas de plasmalas nun papel. A literatura será eterna.