Natural de Nigrán, onde creceu como o pequeno de 5 irmáns, nunha familia humilde e traballadora.
Estudiou no Colexio e Instituto públicos da mesma localidade.
Rematado COU e pensando en diversas opcións científicas e sanitarias, decantouse finalmente pola vocación sacerdotal, e cursou os estudios eclesiásticos no Seminario de Vigo (Filosofía e Teoloxía), licenciándose pola Universidade Pontificia de Salamanca en 2003.
En 2005 é ordenado sacerdote, e foi realizando o servicio de párroco polas zonas de Crecente (Filgueira, Rebordechán, Angudes e Sendelle) e Ponteareas (primeiro en Guláns, Cristiñade, Arnoso e Nogueira, e logo en Arcos, Santiago de Oliveira, San Lourenzo e Cumiar), así como de Profesor de Relixión en Secundaria e Bacharelato nos Institutos Públicos da Cañiza, de 2006 a 2015.
- En 2017, despois de estar un ano como auxiliar na Curia Diocesana de Tui-Vigo, é enviado a estudiar a Roma, onde cursa a Licenciatura en Historia da Igrexa na Universidade Pontificia Gregoriana.
- En 2020 regresa á Diocese, e retoma a tarefa de párroco (na zona de Salvaterra, en Alxén, Cabreira, Arantei e Porto), e continúa cos estudios de Historia facendo o doutorado (proceso no que se atopa agora).
- Como publicacións, por agora soamente ten o estudio da súa Tesina de Licenciatura: "Cristóbal Colón: primer evangelizador de América" (unha interesante e novidosa perspectiva do Almirante, sólidamente fundamentada), e un artigo relacionado co mesmo tema e titulado "La eclesialidad de Cristóbal Colón", na revista de Teoloxía do Colexio Español en Roma: Mater Clementissima, ambas referencias de 2020.