Estudiou en Santiago e Madrid. Deu clases no Instituto do Agra do Orzán na Coruña. Empezou en Radiocadena Española presentando varios espacios. Como xefe de programas formou parte do equipo fundacional da Radio Galega, sendo a primeira voz que iniciou as emisións. Desde hai dez anos, na mañá dos domingos dirixe “Así canta Galicia” e “Concerto Popular”, programas de referencia das moitas corais polifónicas e bandas de música de Galicia.
Nicolás Camino publicou o libro Así canta Galicia, prologado polo profesor Xesús Ferro Ruibal, no que recolle a historia das moitas corais polifónicas.
Fundou a Asociación Galega da Radiodifusión, que agrupa ós profesionais da radio en Galicia e da que foi o primeiro presidente.