Xesús Campos Álvarez


Pseudónimo:Chichi Campos
Categoría: Humorista gráfico
Data de Nacemento: 31 de decembro de 1952 (†26 de febreiro de 1991)
Lugar de Nacemento: La Laguna (Tenerife)
 Currículum

Sendo un neno trasladouse cos seus pais a Galicia. Ata 1974 dirixiu a galería de arte "Mestre Mateo" da Coruña. En colaboración con Xosé Díaz, Luis C. Esperante e Rosendo Díaz, fundou o grupo "Cómic do Castro" e, xunto con Xosé Díaz, publicou o primeiro número da revista de cómic galego "A cova das choias". Colaborou co xornal El Ideal Gallego, coa revista alemana "Pardón" e foi correspondente en Galicia da revista de arte "Batile" de Barcelona.

 Obras realizadas

Xunto con Xaquín Marín, Reimundo Patiño e os membros do grupo "Cómic do Castro" realizou unha exposición no Círculo Mercantil de Santiago en 1973. Ademais, participou na exposición de Arte Joven de Galicia (1973), Trece Artistas de Hoy (A Coruña, 1974) e na Mostra Homenaxe a Castelao (1975) organizada polo Ateneo de Ourense.