Licenciada en Historia, traballa como técnica de desenvolvemento local. Na actualidade é directora dunha Escola Taller de Ferrol. É secretaria de organización do PSdeG-PSOE de Ferrol e forma parte da xunta de asociacións de veciños da zona rural. Realizou un Master en Promoción Económica pola Universidade Autónoma de Madrid e cursos de posgrao en planificación e desenvolvemento local pola Universidade da Coruña. Ten, ademais, formación universitaria en Recursos Humanos. É portavoz da Área de Comercio e Turismo do Grupo Parlamentario Socialista, membro da Deputación Permanente, membro da Comisión de Industria e Enerxía, secretaria de organización do PSdeG de Ferrol e secretaria de Usuarios e Consumidores da Executiva Galega.