Mauricio Farto Parra


Categoría: Músico
Data de Nacemento: 21 de Setembro de 1867 (†23 de Abril de 1947)
Lugar de Nacemento: Santibañez de Valcorba (Valladolid)
 Currículum

Neto de galegos, coñeceu a música tradicional galega a través dos soldados destinados na súa cidade natal. Os seus primeiros estudios musicais tiveron lugar na Coruña, onde ingresou na banda do Rexemento Zamora (dirixida por José Braña). Tras abandona-lo exército, empregouse na Audiencia Territorial, actividade que combinou coa reparación de instrumentos musicais e cunha intensa labor de investigación e composición. A primeira formación que creou foi a rolda 'Blanco y Negro'. Posteriormente dirixiu a coral 'El Eco' e en 1916 fundou 'Cantigas da Terra', dirixíndoa ata 1922. Tamén promoveu os coros 'Queixumes dos pinos' e 'Saudade'. A maior parte das súas composicións inspiráronse na tradición popular galega, sobre a que investigou durante anos.

 Outros datos de interese

Foi membro da Real Academia Galega e da de Belas Artes da Coruña (ingresou en ámbalas dúas en 1946).