Autor nado no confín dos verdes castros no Concello de Cabana de Bergantiños no equinoccio outonal do 1980. Reside no presente na súa vila prefirida, Laxe.
Múltiples columnas literarias na extinta revista coruñesa Xente Nova (1995-1999). Foi cronista e membro directivo da redacción da revista Airiños. Tamén colaborou como articulista en El Periódico de Arteixo. Participou no Xurado do Concurso Literario Manuel Murguía de Contos no 2008. Foi membro fundador e dirixente do xa extinto grupo cultural O.L.C.A. Participou en centos de recitais de poesía en toda Galicia e diseñou outros centos de actos culturais sempre relacionados coa poesía ceibe e en galego. Activo dinamizador socio-cultural.
Tertuliano na sección literaria “A Goleta” en radio Nordés-Cadena Ser no programa Vivindo a costa na 92.2 FM.
Locutor no programa cultural “Ó noso xeito” nas radios ceibes da Costa, radio Roncudo Corme 106.1 FM e radio Neria Corcubión 107.8 FM.
Firma no diario dixital da Costa da Morte, Quepasanacosta.
Funda e co-dirixe os grupos sociais e dixitais “Goleta Ó noso xeito” e “Xente de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra” (Ber.Son.Xa.Fis.).
Recitou en directo en:
Na Sala Cultural da Fnac da Praza de Lugo (A Coruña), en múltiples ocasións,
Na Sala Cultural do Sporting Clube Casino (A Coruña),
No Café Inglés de A Coruña, en innumerables recitais colectivos de balde,
Na Tertulia da Avenida Finisterre de A Coruña, tódolos xoves do ano durante varios anos,
No Babâ Bar de A Coruña, tamén en múltiples actos colectivos sen ánimo de lucro,
Na Biblioteca do Forum Metropolitano de A Coruña,
En Maquinaria Pesada de M. Valdivieso,
No Café de Fábula de Arteixo, tamén en múltiples recitais colectivos coas portas abertas e de balde,
No Rincón Habanero, Arteixo,
No auditorio do Centro Cívico de Arteixo, recitando e presentando varios eventos culturais importantes,
En Melandrainas Café Teatro Arteixo, en recitais colectivos benéficos,
No Pazo Mugartegui de Pontevedra,
Na Sala de Fontiñas en Compostela,
No Escenario do Dublín de Carballo,
No Ateneo ferrolán,
En Artabria de Batallón perante as portas de Navantia de Ferrol,
E un cento máis de recitais por todálas contornas de Galicia.
Actualmente (2023) reside en Barizo (Malpica de Bergantiños). Publicou o seu libro de poesía en Galego Carbón querubín, editado en 2014 pola Asociación Petón do Lobo, tamén sen ánimo de lucro, edición especial agasallo a socios.
Colaborou, de balde, como voluntario con varios programas literarios en Radio Roncudo Corme e , simultáneamente, en Radio Neria Corcubión. En radio Nordés Cee , de cadena Ser, tivo un pequeno espazo literario e colaborou tanto en Radio Xallas Santa Comba como no Xornal Adiante Galicia.
Foi firma e membro colaborador de Que Pasa na Costa, entre outras moitas participacións altruistas.
Recitoulle en directo os Traskis no Camiño dos Faros, no Castro de Borneiro e chegaron a apodalo como "o poeta traski" e "o faro" ou "o merlo branco" por determinados poemas, cancións {autor da letra}, etc.
Na actualidade lidera o grupo A costa verdescente e o grupo Poesía galega ceibe dende a súa comarca de orixe, Bergantiños, segue a ser coñecido por todos por ali como... "o poeta".
Actualmente segue a colaborar con Radio Xallas Santa Comba, con 'Adiante Galicia' (xornal dixital), e ten unha columna de opinión en '21 Noticias', colaborou tamén con radio Roncudo Corme e Radio Neria Corcubión e co xornal dixital 'Que Pasa Na Costa'.
Premios literarios:
- Accésit de poesía II Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2007.
- Accésit de poesía III Concurso literario Rita Suárez Amado do ano 2008.
- Múltiples galardóns nos Concursos Literarios Don Bosco Coruña, entre outros concursos sen agasallo económico.