Naceu no Seixo, Pedrafita do Cebreiro, en 1959, ainda que moitos o asocian coa Fonsagrada.
Aos 11 anos trasladouse a Lugo, concretamente ao Seminario Diocesano de Lugo hasta 1977 para cursar a EXB e BUP. pasando a cursar COU no Instituto Masculino (Lucus Augusti) e logo Bioloxía no Colexio Universitario desta mesma cidade.
Sen terminar Biolóxicas, en 1980 decide estudar Veterinaria e marcha para a Universidade de León onde cursa esta carreira e se licencia en 1986 na especialidade de Produción Animal e Economía.
Nese mesmo ano comeza a súa vida laboral como profesional autónomo, exercendo de Veterinario clínico nos Concellos de Pedrafita, Cervantes, Courel, As Nogais, Triacastela, Samos e Veiga de Valcarce en León.
En 1989 casou coa súa muller e ese mesmo ano é destinado como Veterinario titular interino no Concello de A Fonsagrada, hasta 1995 exercendo como veterinario clínico e máis como veterinario Titular da Xunta de Galicia.
Durante este periodo naceu o seu único fillo, Andrés (1990).
En 1994 aprobou as oposicións ao Corpo Superior da Xunta de Galicia, grupo A, Clase Veterinarios Oficiais.
Dende 1995 hasta 2005 exerce como Xefe dos Servizos Veterinarios Oficiais de Saúde Pública da zona de Lugo, na Consellería de Sanidade.
Dende 2005 ata 2009 exerce como Inspector Técnico Veterinario de Saúde Pública da Comarca da Fonsagrada e Lugo.
Dende 2009 ata febreiro de 2012 exerce como Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural en Lugo.
En febreiro de 2012 noméano Subdelegado do Goberno en Lugo, posto que ocupa ata xuño de 2018.
Dende o 28 de xuño de 2018, é Xefe Territorial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en Lugo ata o 21 de xullo de 2020.
Dende o 21 de xullo de 2020 ata o 26 de decembro de 2023, está en Servizos Especiais como Deputado Autonómico no Parlamento Galego.
O 26 de decembro de 2023 incorpórase de novo como funcionario de carreira na Xunta de Galicia en Lugo, e o 12 de xaneiro de 2024 incorpórase á praza de Xefe dos Servizos Veterinarios Oficiais de Saúde Pública da Zona de Lugo.
Actividade Política:
Portavoz municipal polo PP no concello de Pedrafita do Cebreiro dende 1987 ata 1991.
De 1999 ata 2003 Concelleiro e portavoz do PP na Fonsagrada.
De 2002 a 2005 Deputado no Parlamento Galego, sendo Presidente da Comisión de pesca, vocal na comisión de Agricultura e tamén na de Asuntos Europeos, así como poñente na de Emigración.
Dende 2007 a 2010 é de novo Concelleiro na Fonsagrada.
Dende 2020 ata 2024 é de novo Deputado no Parlamento Galego, presidindo a Comisión de Seguridade Vial, e sendo vicepresidente da comision de Medio Ambiente, e vocal na comision de Medio Rural e da Radio Televisión de Galicia.
É membro da xunta executiva provincial do PP e do Comité de dirección do partido en Lugo, e en Galicia.
En setembro de 2018 foi nomeado candidato do PP a alcaldía de Lugo.
Na actualidade é presidente do comité local do PP no concello de Lugo, e forma parte do comité executivo do partido a nivel galego e provincial.
Outros recoñecementos:
- Distinguido coa “V do veciño” pola federación provincial das asociacións de veciños da provincia de Lugo no ano 2010.
- Nomeado “Milagrosista do Ano” en 2011.
- Nomeado “Monteiro Maior Honorario” da Rapa das bestas do curro de Candaoso en Vivero (Lugo) en 2012.
Cursos (entre outros):
- Diplomado en sanidade.
- Curso de medio ambiental e saúde.
- Inspección de carnes en matadoiros e industrias cárnicas.
- Nivel superior en lenguaxe administrativo galego.
- Auditor en industrias da alimentación.