Miguel Suárez Abel


Categoría: Escritor
Lugar de Nacemento: San Estevo do Campo (Arzúa - A Coruña)
 Currículum

Nace no ano 1952 en San Estevo do Campo, Arzúa. Licenciado en Psicoloxía, imparte clase nun instituto de ensino medio en Pontevedra. Colaborador de radio e prensa, na actualidade mantén unha columna semanal en El Correo Gallego.

 Obras realizadas

Entre as súas obras destacan: "O Quiquiriquí", Premio Modesto R. Figueiredo 1982. "O Fillo do Serafín", Accésit Premio Modesto R. Figueiredo 1981. "A Alemana", finalista Premio Modesto R. Figueiredo 1986. "Turbo", Premio Blanco Amor, 1988. "Álvaro Pino", 1989. "Sabor a ti", finalista Premio Xerais 1991. "Selva Negra", 1993. Ademais, colaborou nos libros colectivos: "Unha liña no ceo" (1996) e "Novo do Trinque" (1997).