Marta González Vázquez


Categoría: Historiadora
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É doutora en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1994, ano no que lle foi outorgado o premio extraordinario de doutoramento. Licenciouse en 1987 en Xeografía e Historia pola USC, na especialidade de Historia Medieval e, dous anos despois, en Arquivística e Biblioteconomía.

Conta cun título de Maxister (especialista) en Historia das Mulleres pola Universidade de Santiago e o IDEGA.

Desde 2005, era asociada da empresa de consultoría EOSA, onde exercía as funcións de responsable da área de igualdade de oportunidades. Anteriormente, de 2003 a 2005, foi directora xeral do Servizo de Igualdade, organismo autónomo dependente da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta.

1998-2003: secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, rede de 76 universidades europeas con sede na Universidade de Santiago de Compostela.

1996-1998: profesora axudante de Historia Medieval do Departamento de Humanidades da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

1992-1996: documentalista no Grupo de Empresas Sargadelos.

 Obras realizadas

Escribiu Las mujeres de la Edad Media y el Camino de Santiago (Santiago, Xunta de Galicia), El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (Sada, Edicións do Castro) e Inés de Castro (Santiago, Xunta de Galicia, 2003).