Graduada pola Escola Nacional de Arte Dramática de Bos Aires, complementou a súa formación con cursos sobre distintas técnicas como ‘clown’, máscara neutra, a palabra escénica, ‘contact improvisation’, danza, ‘dance movement therapy’, narración oral, cursos de guión de cine e TV, técnicas vocais para radio, producción de radio e entrevista xornalística, entre outros. Participou da actividade teatral alternativa da cidade arxentina, integrando cooperativas para a autoxestión de proxectos e a apertura de novos espacios. Desde o ano 2001 reside en A Coruña.
Como docente ofreceu un seminario teórico práctico sobre poesía galega e un obradoiro sobre contos galegos na Universidade de Belgrano en Bos Aires, un obradoiro de técnicas para a narración oral na Universidade da Coruña e para a Asociación Panda, cursos de teatro na Fundación Wenceslao Fernández Flórez, obradoiros de recordos para o colectivo da terceira idade no Concello de Santiago, e obradoiros sobre a emigración para os institutos de Pontevedra coordinado pola AGER.
Como actriz, realiza espectáculos sobre contos, lendas e poemas para público infantil e adulto, a veces en compañía dun músico. Participou nas series televisivas ‘As viaxeiras da Lúa’ e ‘Rías Baixas’. Tamén colaborou con Cadena Ser Santiago lendo poemas e con Radio Oleiros como conductora e entrevistadora, e dirixindo o programa de contos ‘A media luz’.