Cursou os primeiros estudos na escola local de Drada para despois trasladarse a Guitiriz e estudar secundaria no IES Basanta Silva de Vilalba.
Licenciada en Traballo Social pola USC e máster en Drogodependencias pola mesma universidade, é funcionaria da Xunta de Galicia na Consellería de Traballo e Benestar Social na delegación territorial da Coruña.
Fundadora da Asociación de veciños dos Vilares e promotora desde a directiva da Romaría Labrega da Chaira, foi eleita Concelleira polo concello de Aranga nas municipais de 2007 cando residen naquel concello sendo voceira do BNG.
Desenvolveu o seu traballo profesional en Ares, Neda, Noia, Lugo e A Coruña, onde traballa na actualidade e na que ademáis imparte formación a opositores a prazas da administración.
Creadora e impulsora dos proxectos Os Vilares lareira de soños e NPG Nova Poesía Guitirica, realiza na parroquia do poeta Díaz Castro traballos de investigación da historia, e da sociedade que está a plasmar nunha publicación froito da encomenda que o poeta Manuel María lle fixo na inauguración dunha exposición de fotos antigas na Romaría Labrega da Chaira en 1991.
Organizadora, a través das distintas plataformas nas que participa, de numerosas actividades culturais e sociais.
É autora de numerosos artigos e traballos relacionados coa súa profesión e coa cultura e tamén de poemas en diferentes publicacións colectivas.