Miguel Cabana


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1975
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Vén dunha familia de músicos, e aos 13 anos comeza os seus estudos de Percusión Clásica, derivando anos despois nunha plena dedicación a Batería e á Percusión Moderna. Estuda batería con Antonio Cruz "Perillo" e percusión latina con Javier Ferreiro "Man".
Dende os 15 anos touca en Bandas de Rock, Funk, Latin, Jazz, etc...
Durante a súa formación, estuda na Escola de Música Creativa de Madrid co Mestre Carlos Carli.
Participa en Seminarios, Máster Classe Clinics con Roberto de Souza, Fernando Marcón, Jeff Jerolamón, Brian Abrahams, José Carrasco, Pepe Motos, Isaac Vigueras "o louro", Sergio Ramos, Juan Flores, Billy Cobham, Akira Jimbo, Trilok Gurtu, etc...
En setembro de 1999 entra a formar parte do Profesorado da Escola Municipal de Música da Coruña na sección de Jazz e Música Moderna. Licénciase en Jazz Performance con Matrícula de Honra pola Guild Hall School of Music and Drama de Londres.
Durante estes últimos anos compartiu escenario con músicos como Scott Stroman, Brian Trainor, John Taylor, Kenny Wheeler, Cennet Jönson, Fredd Thelonious Baker, Carlos Averhoff Jr., Steve Brown, Walter White, Eric Reed, Calixto Oviedo, Sergio Delgado, Javier Constenla, Quique Alvarado, Carmen Rey, Roberto Somoza, X. L. Miguélez, Octavio Vargas, Alberto Conde, Kin García, Pepe Evangelista, Nani García, Alfonso Morán, Marcelino Galán, Xacobe Martínez Antelo e moitos outros.
Actualmente compaxina a docencia con diferentes proxectos: Carmen Rey Grupo, Anxos Dorrio Cuartet, Rúa Cega, Monkillos, Loretta Martin, Nani García Trío, Hansel Luis Cuartet, Saffron, Roberto Somoza/ Yellow, Atlantic Bridgee Wilson Ortega & Banda.
É endorser de NP drums (Nova Percusió), Parches Remo, Baquetas Morgan Mallets e Pratos Murat Diril.