Licenciado e Graduado en Medicina e Cirurxía (1970).
Especialista en Anestesia, Reanimación e Dor (1973).
Doutor en Medicina. Cualificación de Sobresaliente “Cum Laude” (1975).
Diplomado en Medicina de Empresa (1976).
Diplomado en Acupuntura e Dor (1981).
Especialista en Medicina Interna (1983).
Especialista en Medicina Xeral na UE (1995).
Diplomado en Dirección e Xestión na Área da Saúde (1991).
CARGOS DE XESTIÓN: Vicerreitor da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da USC (desde 2006 ata a actualidade).
Catedrático de Enfermería Xeriátrica e Xerontolóxica. Universidade de Santiago de Compostela. USC (desde 1991 ata a actualidade).
Coordinador do Programa Oficial de Postgrao en Xerontoloxía: Máster en Xerontoloxía Social. USC (2006-2007).
Director da Titulación de Xerontoloxía. Título Propio da Universidade de Santiago de Compostela, implantado por 1ª vez na Universidade Española (2000-2006).
Director do Programa de Doutorado en Xerontoloxía. USC (2000-2007).
Director do Programa de Doutorado de Xerontoloxía Clínica e Social. USC (1998-2000).
Director do Instituto Xerontolóxico Galego (desde 1992 ata a actualidade).
Director do IV Ciclo Universitario (1997-2006).
Director do Máster en Xerontoloxía Clínica e Social. USC (1998-2000).
CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN PROFESIONAL: Máis de 50 cursos de especialización profesional no ámbito Xerontolóxico e da Saúde, nacionais e internacionais, destacando como pioneiros o de ‘Formación de Cuidadores de anciáns’.
LIÑAS DE INVESTIGACIÓN DESENVOLVIDAS: Xerontoloxía: Xerontoloxía clínica, psicosocial e experimental; Envellecemento activo; Benestar social e calidade de vida; Valoración xerontolóxica integral. Liñas científicas das que saíron 16 Teses Doutorais.
PUBLICACIÓNS: É autor principal de máis de 40 monografías e libros, destacando: “Tratado de Actividad Física y Ocio para la Tercera Edad”, Gráficas Garabal (1996), “El Estado de Bienestar Social. Estrategias para el Siglo XXI”, Editorial 9, SL (1998), “Cuidadores de Ancianos”, Ediciones Sega (2000), “Auxiliares de Enfermería Geriátrica y Gerontológica”, Ediciones Sega (2000), “Gerontología Social”, Ediciones Sega (2000), “Longevidad y Salud”, Ediciones Sega (2001), “Musicoterapia Gerontológica (Técnica Psicomotriz)”, Ediciones Sega (2001), “Intervención Gerontológica”, Ediciones Sega (2002), “Actividad Física y Ocio para Personas Mayores”, Ediciones Sega (2002), “Actividad Física y Ocio en Gerontología”, Ediciones Sega (2002), “Gerontología Gallega en Cifras”, Ediciones Sega (2003), “Gerontología Clínica”, Ediciones Sega (2003), “Biogerontología”, Ediciones Sega (2003), “Terapéutica Gerontológica”, Ediciones Sega (2003), “Dirección y Gestión Gerontológica”, Ediciones Sega (2003), “Actividad Física y Ocio en Gerontología II: Aplicaciones prácticas”, Ed. Sega (2003), “Servicio de Ayuda a Domicilio”, Ediciones Sega (2004), “Servicio Gerontológico de Ayuda a Domicilio”, Ediciones Sega (2004), “Actividades y ejercicios físicos básicos para mejorar la calidad de vida del mayor” (2004), “Enfermería en Cuidados Sociosanitarios”, Editorial DAE (2005) e “¿Qué es el Parkinson? Guía de tratamiento para el lenguaje, el habla y la voz”, Ed. Pirámide (2005).
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN FINANCIADOS: Obtención de 8 proxectos de investigación subvencionados por diferentes convocatorias europeas (Programa Comett), nacionais e da Comunidade Autónoma de Galicia.
Titor do Programa Labora “Xuventude con Experiencia”, subvencionado pola Consellería de Emprego, Muller e Xuventude.
Director do proxecto Titulación Virtual do Graduado Superior en Xerontoloxía, subvencionado pola Universidade de Santiago de Compostela (2001-03).
COMUNICACIÓNS E RELATORIOS PRESENTADOS A CONGRESOS: Autor de máis de 70 Conferencias, 60 Relatorios e 100 Comunicacións a diferentes Congresos de ámbito rexional, nacional e internacional.
CURSOS E SEMINARIOS IMPARTIDOS: Organización, dirección e docencia de máis de 60 cursos e seminarios destinados a distintos profesionais da saúde e sociais no campo xerontolóxico.
PREMIOS E AXUDAS:
Obtivo múltiples galardóns de institucións académicas e científicas destacando:
Premio no V Congreso da Sociedade Canaria de Xeriatría e Xerontoloxía polo traballo: ‘A Musicoterapia como técnica psicomotriz no ancián’.
Premio do IV Congreso Internacional de Estomatoloxía.
Premio Beltrán Báguena da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía á mellor publicación do ano.
Premio da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía polo perfil do ‘Coidador familiar do enfermo de Alzheimer na Comunidade Autónoma Galega’.
Premio especial á comunicación. II Reunión da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.
Premio á mellor comunicación oral galega do ámbito social. XVIII Reunión da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía e V Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía.
Premio da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía á mellor comunicación oral clínica.
Premio da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía á mellor comunicación oral social do VI Congreso.
Premio Cabaleiro Goás do Colexio Médico de Ourense.
Premio do Segundo Certame Fotográfico da Sociedade Española de Enfermería Xeriátrica e Xerontolóxica.
SOCIEDADES CIENTÍFICAS: É membro de varias sociedades: “Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía”, “Sociedade Española de Medicina Rural”, “Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias”, “Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía”, “Instituto Xerontolóxico Galego”, “Sociedade Española de Médicos Acupuntores” e “Unión Mundial de Escritores Médicos”.
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA: Ex concelleiro e tenente de alcalde do Concello de Santiago de Compostela por Alianza Popular (Departamento de Sanidade e Servizos Sociais).
Fundador da UMAD.
Vicesecretario de Acción Sectorial do Partido Popular de Santiago de Compostela. Ex membro do Consello Consultivo do Partido Popular de Galicia.
Vogal da Comisión Nacional do IMSERSO do Plan de Acción 2000-2005 para as persoas maiores.
Secretario Executivo Provincial (A Coruña).
Deputado do Parlamento de Galicia polo P. Popular (6ª lexislatura 02-05).
Vogal na Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego.
Vogal na Comisión CRTVG.
Vicesecretario de Relacións Institucionais do P.P. de Santiago de Compostela.
Membro da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular (A Coruña).
Membro da Xunta Directiva de Galicia (Partido Popular).