Miguel Anxo Santos Rego


Categoría: Profesor e escritor
Lugar de Nacemento: Xuño, Porto do Son (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Catedrático da Universidad de Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Educación). A súa competencia docente e investigadora abarca a área de coñecemento de Teoría e Historia da Educación, sendo especialista en Teoría de Procesos Educativos, Educación e Motivación, Educación Intercultural, Aprendizaxe Cooperativo e Políticas Educativas na U.E. Ampliou os seus estudios na Universidade de Cambridge (Inglaterra) e foi investigador e profesor visitante na University of Illinois at Urbana-Champaign, John Hopkins University (Baltimore), University of Southern Mississippi e Florida International University, todas elas nos Estados Unidos de América. Entre os cargos que ocupou destacan: Director da UNED - A Coruña (1990-92), subdirector xeral de Ordenación Universitaria e Investigación (1992-94), vicerrector de profesorado da USC (1994-98) e director do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela (1998-2002). Tamén é membro do Consello Escolar de Galicia e do comité coordinador do Programa Columbus para as relacións universitarias entre Europa e América Latina.

 Obras realizadas

Dirixiu nove proxectos de investigación e participou como investigador asociado en outros oito. Estes son os seus libros publicados máis importantes: Teoría y práctica de la educación intercultural (1994); Educational Policy in the European Union after Maastricht (1997); Análise Pedagóxica da Emigración Galega en Europa. Perspectivas no marco da Unión (1997); Educación e Neurociéncia (1998), Interculturalidad y educación para el desarrollo (1999); A pedagoxía dos valores en Galicia (2000); Calidad Educativa y Empleo en Contextos Multiculturales (2000), A Construcción Educativa da Cidade. Unha Perspectiva Transversal (2001) e A Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (2002). Realizou, ademais, outros traballos dun gran impacto como Strategies for Empirically Evaluating Holistic Teaching (1989), Educación y Cultura de Masas (1996), Sociología del Lenguaje (2000), Intercultural Education in the European Union: the Spanish Case (2001) e O Proxecto A PONTE: A Innovación Educativa en Centros Rurais de Galicia e Norte de Portugal (2002). Ademais, publicou oitenta traballos científicos en revistas acreditadas de España e doutros países e presentou máis de cen relatorios e comunicacións a congresos nacionais e internacionais. Publicou nas seguintes revistas: Bordón, Revista de Ciencias de la Educación, Revista de Educación, Revista Española de Pedagogía, Reading Improvement, European Journal of Educacion, Mediterranean Journal of Educational Studies, Teaching & Teacher Education, etc. Impartiu cursos e conferencias en Arxentina, Bélxica, Chile, Costa Rica, Cuba, Estados Unidos, Francia, Inglaterra, México, Perú, Suecia e Suiza.

 Outros datos de interese

Nos últimos anos impulsou a creación dos Premios á Innovación Educativa na Universidade de Santiago de Compostela, onde ten o honor de ter recibido a insignia de ouro da mesma institución.