Larraitz Urruzola Tolosa


Categoría: Actriz
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou os seguintes cursos: cursos de teatro impartidos por Jorge Rey e organizados pola asociación cultural ‘Arco da Vella’ (Santiago), interpretación (Martín Aljemián e Augusto Fernándes), voz (Jesús Aladrén) e expresión corporal (Judith Wayner), organizados pola Asociación de Actores e a Consellería de Cultura da Xunta Galicia, tres cursos de voz na escola Tántara, impartidos por Jesús Aladrén (1992, 1993 e 1994) e un curso de iniciación de Lingua Galega organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (1991). Ademais, obtén en 1996 o título oficial de ‘Animadora Sociocultural’ da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia en novembro dese mesmo ano participa nas ‘Jornadas Internacionales sobre Teatro y Niño’ organizadas polo Centro de Iniciativas de Tolosa (Guipúscoa).

 Obras realizadas

En 1996 forma a compañía ‘Teatro Buratini’ coa que estrea os seguintes espectáculos: ‘Historia do pequeno Muck’ (1996; teatro), ‘A gaita que facía a todas bailar’ (1997; teatro), ‘O bosque animado’ (1998; teatro e manipulación de obxectos), ‘Contos para todo o ano (1998; teatro e títeres), ‘O pazo de papel’ (2000; teatro e títeres) e ‘Palabras de Caramelo’ (2003; teatro e títeres).

Realizou máis de 1100 representacións, participando entre outros nos seguintes festivais de teatro e títeres nacionais e internacionais:
-Titirilandia 2000 (Madrid).
-Feria de titelles de Lleida 2001 (Lérida).
-Festival Internacional de Marionetas de Tolosa - Titirijai 2001 (País Vasco).
-Gijón en el país de los títeres 2001 (Asturias).
-Asturias Cultural.
-Programación Cultural Cajastur.
-Titirimax 2002 Collado-villalba (Madrid).
-Festival de Navidad Sala Pradillo 2002 Madrid.
-Mostra de rialles – Cataluña 2002.
-Festival Internacional de Títeres de Alicante 2003.
-Circuíto Títeres en el Camino 2003 de Huesca.
-Festival Internacional de teatro de Títeres de Segovia – Titirimundi 2002.
-Circuito Menudo Teatro de Huesca 2005.
-Festival de Títeres de Redondela 2005.
-Festival Internacional de teatro de Bonecos Belo Horizonte 2002 (Brasil).
-Festival internacional de teatro de Bonecos de Canela 2002 (Brasil).

Entre os anos 1989 e 1994 foi actriz da compañía ‘Teatro Cachirulo’, participando nos seguintes espectáculos de títeres: ‘A bela e a besta’ (1989), ’Noite de verán’ (1991), ’Xoguetes’ (1992) e ’Pinocho’ (1993).
En 1995 participa no espectáculo de teatro e títeres ‘O Principiño’ coa compañía ‘Urgu y Bluff: Teatro do Liló.

 Outros datos de interese

Desde 1997 ata a actualidade é monitora de teatro en diversos centros de infantil e primaria, escolas de teatro, escolas de artes, asociacións culturais e veciñais, Concellería da Muller, etc…