Miguel Ángel Reviejo Ares


Categoría: Político e farmacéutico
Data de Nacemento: 5 de novembro de 1955
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago, conta con diplomaturas en Óptica Oftálmica e Acústica, así como en Técnicas de Ortopedia pola Facultade de Farmacia de Barcelona e de Optometría pola Universidade de Granada. Pertence á Rede Española de Atención Primaria e á Rede de Centros Promotores de Vida sen Tabaco. Preside, ademais, a "Cooperativa Farmacéutica Galega" (COFAGA) e "Farmadata, S.A.". Ademais do seu escano no parlamento autonómico, Miguel Ángel Reviejo é secretario de organización da executiva do PP da Coruña.