É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, pertence ó Corpo Superior da Xunta de Galicia e ocupou o cargo de Delegado Provincial de "Xustiza, Interior e Relacións Laborais" en Pontevedra. Foi o responsable da coordinación da campaña electoral do PP en Vigo nas eleccións á Xunta de 1997. Foi Deputado do PP no Parlamento de Galicia.