O seu pai, Vicente Arias de la Maza, foi neto de D. Pedro de Agar y Bustillo, Rexente de España nas Cortes de Cádiz. A súa nai, Carmela Díaz de Rábago y Aguiar era filla do gran sociólogo e economista Joaquín Díaz de Rábago y Díaz de Mier. Cursou os seus estudos no Colexio do Sagrado Corazón de Barcelona, cidade na que o seu pai, Vicente Arias de la Maza, foi secretario da Xunta de Obras do Porto. Ttrala Guerra Civil desexa ingresar na Escola de Arquitectura de Barcelona, pero contrae unha grave enfermidade que, con intervalos, lle dura vintetantos anos, ata que é intervida en Estocolmo polo Profesor Kraffort en 1953. En decembro de 1966 casa con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, primo irmán do seu pai, que constitúe a Fundación que leva o seu nome, dotándoa con máis de dous tercios da súa fortuna e e facendo testamento nesa mesma data na que nomea á Fundación a súa herdeira universal. Trala súa morte en 1971, a súa muller asume as presidencias de Banco Pastor e da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa, entidades das que xa era vicepresidenta. Polo especial valor que ten para ela a Fundación Pedro Barrié de la Maza, e ó igual que no seu día fixo o seu marido, ten decidido aportar en vida a práctica totalidade da súa fortuna persoal, excepto as casas da súa familia, ó patrimonio da Fundación, doazón que tivo lugar o 11 de decembro de 1981. O 27 de setembro de 2001 renuncia por razóns de idade ó seu cargo como presidenta de Banco Pastor, cargo no que lle sucede José María Arias Mosquera, permanecendo como conselleira e presidenta de honra da entidade. Na actualidade, continúa como presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. O 5 de maio de 1999 nomea a José María Arias Mosquera como sucesor na presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
É, ademais doutros cargos e nomeamentos, presidenta de honra de Unión Eléctrica Fenosa, presidenta da xunta reitora do Padroado Juana de Vega, membro de honra da Organización Mundial para a Educación Preescolar, ex voceiro do Real Padroado de Educación e Atención a Deficientes. É Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña, V Premio Juan Lladó, Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Medalla de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de Honra da Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Está en posesión da Gran Cruz da Orde Civil de Beneficiencia, da Medalla de Ouro ó Mérito Turístico e da Medalla de Ouro da Asociación Española de Loita contra o Cancro, Insignia de Ouro da Cruz Vermella, Medalla de Ouro da Cámara de Comercio da Coruña, Medalla de Ouro do Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo, Medalla de Ouro da Semana Verde de Silleda, Insignia de Ouro da Agrupación Musical Albéniz, Cruz "Pro Ecclesia et Pontífice”, ‘Gallega del Año’ polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, Gran Cruz da Orde do Mérito Militar con distintivo blanco, ‘Dama de la Orden de Caballería del Santo Sepulcro de Jerusalén’, ‘Galega do Ano’ por El Correo Gallego de Santiago de Compostela, ex membro do Padroado da Fundación Pro Real Academia Española, Premio Montblanc da Cultura e académica de honra da Real Academia Galega de Ciencias, Gran Cruz de prata ó Mérito con Distintivo Blanco da Guardia Civil, Académica de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica, nomeada Dama da Orde de Cabaleiros de María Pita, Filla Predilecta da Coruña e Premio Casino da Coruña.