Mingos Teixeira


Categoría: Pintor, fotógrafo, ilustrador e deseñador artístico
Data de Nacemento: En 1955
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Artista autodidacta de marcado carácter persoal, obsesionado pola color e a composición que trata de aportar, desde posicións investigadoras e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos da arte. Aínda que a súa obra é eminentemente pictórica, realiza tamén obra fotográfica, cartelismo, ilustración e deseño artístico. É coñecido polo seu afán de achegar o mundo da arte ós máis novos, mediante publicacións, artigos, conferencias, programas educativos e culturais, etc., actividade esta que o ten levado a foros internacionais da educación artística como o 4th International Congress of Educating Cities en Chicago, como creador e coordinador do Programa Educativo 'Escola e Arte'. Inicia a súa andadura artística no ano 1980, expoñendo no Premio 'Francisco de Goya' de Madrid, realizando, desde entón, numerosos proxectos e exposicións. A súa obra está representada nunha ducia de museos e en coleccións públicas e privadas entre as que cabe destacar a Colección Thyssen Bornemisza ou a do Centro Unesco de Porto.

 Obras realizadas

Levou a cabo exposicións individuais en Madrid, Stuttgart, Ravenna, Nova Iorque, Lisboa, Porto, Sevilla, Santiago, Santander, Vitoria, Vigo, A Coruña, Oviedo, Valladolid, Ourense, Pontevedra, Alacante, Xixón, Cuenca, Valencia, León, Zaragoza, Barcelona, etc...

LIBROS PUBLICADOS:
‘Escola e Arte’, Concello de Vigo e ‘Arte para todos’, Editorial ‘Ir Indo’.

ARTIGOS PUBLICADOS:
‘Visións plásticas dos noventa’ (Revista ‘Argos’), ‘Vangardas e silencios’ (Revista ‘Argos’), ‘Por unha mostra galega’ (Segundaman), ‘A presencia dos galegos en Arco’ (Segundaman), ‘Arte contra la guerra’ (El Correo Gallego), ‘Debate cultural’ (El Correo Gallego), ‘Museos para Vigo’ (Faro de Vigo), ‘Museos, función didáctica’ (Faro de Vigo), ‘Arte Xove Galega’ (Atlántico Diario), ‘Retomar el debate’ (Atlántico Diario), ‘Espacios e debates’ (La Voz de Galicia), ‘El arte ha muerto ¡viva el arte!’ (La Voz de Galicia), ‘Analfabetos visuais’ (Revistart), ‘Público e Arte Moderno’ (A Rúa) e ‘Imaxes para comunicarse’ (A Rúa).

BIBLIOGRAFÍA:
‘Diccionario Pintores Siglo XX’ (Vol.14), Forum Artis; ‘Enciclopedia Galega Universal’, Edicións IR INDO; ‘Diccionario Enciclopédico Galego’, La Voz de Galicia; ‘Nuevas adquisicións del Museo de Castrelos’, Concello de Vigo; ‘A pintura en Galicia’, Nigratrea; ‘Na Procura das Orixes’, Xunta de Galicia; ‘El Semanal’, Suplemento Cultural nº 629; ‘OiLiularri’, Revista Oct-95; ‘Revistart’, Revista de arte nº 42; ‘Vigo Arte’, Revista cultural nº 1; ‘Crítica de arte’, Revista de arte nº 147; ‘Etocram’, Revista nº 9; ‘Descubrir el arte’, Revista de arte nº 14; ‘Porto Arte’, Catálogo da Feira de Arte; Catálogo do Arquivo do Reino de Galicia; ‘Catálogo Casa das Artes’, Concello de Vigo; ‘Hechizos’, Catálogo do Concello de Alacante; ‘Pinguere Musicam’, Catálogo da Deputación Provincial de Pontevedra e ‘L´exquisite Magazine’.

 Outros datos de interese

Foi galardoado co 1º Premio ‘Alliance Française’, o 1º Premio Internacional ‘Baixo Miño’, o 2º Premio ‘Fundación Villabrille’ e o 1º accésit ‘Entroido Vigo’.

A súa obra figura no Museo de Belas Artes da Coruña, Museo de Belas Artes de Santander, Museo Provincial de Pontevedra, Museo Municipal de Ourense, Museo 'Quiñóns de León', Museo de Valdepeñas, Museo Provincial de Lugo, Museo 'F. Fernández del Riego', Colección Thyssen Bornemisza, Fundación 'Monte do Gozo', Fundación Villabrille, Fundación Enxeñeiro Almeida de Porto', Pinacoteca 'Caixa Galicia', Pinacoteca 'Caixanova', Pinacoteca 'Caja Madrid', Universidade de Vigo, Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia, e diversas coleccións privadas.