Licenciada en Belas Artes en Salamanca (1993), é actualmente profesora na Escola de Artes Antonio Faílde de Ourense dende 1997. Entre 1995 e 2002, deseñadora de cerámica e cristal en Porcelanas Galos.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2005. Hotel Meliá María Pita coa Galería Arte Imaxe. A Coruña.
1993. Liceo Recreo Ourensán (Ourense).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
2006. Casa do Concello de Oleiros (Casa Charry). A Coruña.
2005. ‘Presenzas’. Museo Municipal de Ourense.
2003. ‘Mulleres Catro’. Museo Municipal de Ourense.
2003. Pintores Ourensanos para Cruz Roja. Centro cultural da Deputación de Ourense.
1995. Novas Presenzas. Casa da Xuventude de Ourense.
1994. Ateneo de Ourense.
1999. Seleccionada en Pintura Sala de Arte Valentí. Barcelona.