Branca Rodríguez Pazos


Categoría: Funcionaria e política
Lugar de Nacemento: Vilamaior - Adai (Lugo)
 Currículum

Foi primeira tenente de alcalde delegada da área de benestar social do Concello de Lugo, xefa de sección de minusvalideces da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo e membro da directiva da Asociación Galega de Asistentes Sociais. Entre os cargos que ocupou, podemos destacar: Vicepresidenta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social/Asistentes Sociais de Galicia (1983-1985), presidenta do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social/Asistentes Sociais de Galicia (1985-90), representante sindical de Mutualismo Laboral na Coruña (1978-1984), secretaria sindical da muller (A Coruña, 1982-85), secretaria do Ateneo da Coruña (1981-85), membro da asociación cultural "Valle Inclán" de Lugo e membro do "Consello Local e Comarcal" do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Foi concelleira do BNG no Concello de Lugo desde 1991 e voceira municipal desde 1996. Na actualidade é Delegada Provincial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

 Outros datos de interese

Entre as súas afeccións destacan as viaxes culturaIs, o sendeirismo e a lectura.