Emigrou moi novo a Bos Aires, onde estudiou enfermería ó tempo que escribía os seus primeiros versos. En 1953 empezou a publica-los seus poemas no xornal Galicia da Federación de Sociedades Galegas. Escribía indistintamente en galego e en castelán. Xunto con Eliseo Alonso e Teodoro Campos fundou a revista "Mundo Gallego", da que saíron á luz catro números. En 1960 regresou a Galicia.
Escribiu as obras Terra alucinada (1959), Nouturnio de soedades, Muiñada noitébrega e Penas son cantares. Ademais dos libros, tamén se conservan algúns debuxos seus.