Na súa formación e exercicio da Medicina, acentuou sempre a cultura humanística da súa profesión, focalizada especialmente nas disciplinas da Música e a Poesía. Querenza e paixón que lle levaron a fundar, xunto á pintora e ilustradora rioxana Pilar Fdez. Pinedo, a Editorial Cuestión de Belleza (Ourense, 2015) que considera ao libro base e vehículo de cultura e arte; física e metafísica, ética e estética. Centrada exclusivamente nos mencionados xéneros artísticos desenvolvidos en coidados textos e ilustracións orixinais, sobre un soporte físico que pretende buscar ese pracer sensorial que sempre produciu o libro, camiño á excelencia. Aberta a todos os idiomas do estado español, convoca regularmente un Certame de Poesía galega.
Ten publicados diversos libros:
Perlas, rojas. (ECdB, 2015) poemario.
En Mar, Abierto. (ECdB, 2016) diario en prosa poética.
brandemburgos (ECdB, 2016) guía de audición dos concertos homónimos de Johann Sebastian Bach.
Los amores de Zappa (ECdB, 2017) ensaio sobre as paixóns artísticas do gran músico estadounidense Frank Zappa.