Marieta Quesada Legido


Pseudónimo:Marieta Quesada
Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 21 de xuño de 1962
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)

   Cultura
 Currículum

Nacida no seo dunha familia de artistas, o seu pai Fernando Quesada (debuxante), a súa nai Ana Legido (pintora) e once membros da súa familia dentro do mundo da arte, trasládase a Sevilla en 1982 para estudar Belas Artes na Facultade de Santa Isabel de Hungría. En cuarto de carreira comeza a traballar co catedrático da Facultade D. José Antonio García Ruiz na realización dun mural de nove metros para o Concello de Sevilla. Remata a carreira con premio extraordinario e bolsa de paisaxe no Paular. Realiza unha exposición representando a Sevilla cos bolseiros doutras facultades de España no Torreón de Loyola.

 Obras realizadas

-1988: Trasládase a Córdoba, onde lle encargan o retrato do Reitor da Universidade D. Francisco Colomer e realiza unha exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo.
-1989: Expón individualmente na Caixa de Aforros de Ourense.
-1990: Expón individualmente no Colexio Oficial de Arquitectos de Córdoba e na Caixa de Aforros de Sevilla, participa na exposición colectiva de Pintores Galegos Contemporáneos no Hostal dos Reis Católicos de Santiago e poxan obras de arte súas no ‘Araguaney’ de Santiago de Compostela.
-1991: Trasládase a París, onde comeza a traballar na galería de arte ‘Romanet’.
-1992: Expón na Casa Palacio Galindo en colaboración coa EXPO 92 e encárganlle dez obras para o World Center da EXPO 92.
-1993: Realiza a primeira exposición individual en París na galería de arte ‘Romanet’, considerada unha das mellores exposicións da temporada na capital francesa. Aparece unha reportaxe nas revistas francesas ‘Figaro Magazine’, catro páxinas en cor dedicadas á súa exposición, ‘Drout Richelieu’, cunha crítica moi positiva sobre a súa exposición e a revista xaponesa ‘TC’ Talens. O Concello de París encárgalle o proxecto dun mural para a fachada dun edificio da canle de San Martín.
-1994: Seleccionada unha obra súa para o Salón de Outono de París e exposición individual no Colexio Oficial de Arquitectos de Córdoba.
-1995: Exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo, exposición individual en París na galería de arte ‘Romanet’, exposición colectiva no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela e Galería ‘Arboreda’ (Ferrol). As súas obras son adquiridas por empresas holandesas, particulares de Nova Iorque e Sudamérica.
-1996: Exposición individual na Caixa de Aforros de Ourense, exposición individual na galería de arte ‘CC 22’ de Madrid, reportaxe en ‘Blanco y Negro’ de ABC e exposición individual en Burdeos, Embaixada de España.
-1997: Participa no Salón de Outono de París, é seleccionada con outros artistas para unha exposición itinerante por toda a rexión francesa e realiza unha exposición individual na Caixa de Aforros de Pontevedra.
-1998: Exposición individual na Galería ‘Marisa Rosado’ (A Coruña), participación na Feira de Arte de Santander e exposición na Galería Alameda de Vigo.
-1999: Exposición individual na galería de arte ‘CC 22’ (Madrid) e exposición individual na galería ‘Trisquel’ e ‘Medulio’ de Tui.
-2000: Exposición colectiva no Museo de Arte Meguro de Tokio (Xapón) e exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo.
-2001: Exposición individual na Sala de Exposicións José Lorenzo (Santiago de Compostela) e exposición individual na Galería Nova Rúa Arte (setembro, Lugo).

www.marietaquesada.com