Antón López Galocha


Categoría: Xornalista
 Obras realizadas

Director de Diario de Pontevedra desde o ano 2000, é profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Membro dos equipos fundacionais de A Nosa Terra, A Radio Galega e a Televisión de Galicia, foi redactor de El Ideal Gallego e de Radio Popular de Lugo, redactor de La Voz de Galicia, responsable do informativo da mañá da Radio Galega nos seus comezos e formou parte da primeira redacción da Televisión de Galicia en 1985. Alí dirixiu os telexornais do mediodía, do serán e da noite, así como informativos como Telexornal Comarcas, Galicia Noticias ou A revista, todos eles nos seus inicios. Ocupou tamén a xefatura de redacción ata a súa incorporación ó Grupo El Progreso. Durante un ano ocupou a dirección adxunta de Atlántico Diario.

 Outros datos de interese

Premio de Deseño San Froilán, o seu labor de dirección gráfica no Diario de Pontevedra foi premiado nas cinco edicións dos Premios ÑH ó mellor deseño xornalístico de España e Portugal cun recoñecemento do xurado, e varias medallas de ouro, prata e bronce. Tamén foi premiado nas cinco últimas edicións dos European Newspaper Awards, nos que se valora o mellor deseño da prensa europea.