Despois de quedar orfo con sete anos, viuse obrigado a vivir cuns familiares. Estudiou Maxisterio e Filosofía e Letras en Madrid, pero cando contaba só vintecatro anos de idade foi asasinado.
Debido á súa morte prematura, a súa obra non é moi extensa. En poesía destacan fundamentalmente Al alba del quechemarín, Triángulo isósceles, El trébol de cuatro hojas, Poemas e Gente Cordial. En prosa publicou Lendas, da que non se conserva ningún exemplar.