Faise a si mesma co traballo e a investigación persoal. Cursou dous anos na Escola de Artes Aplicadas ?Ramón Falcón? de Lugo. Inicia a súa andaina na pintura en 1949, desde entón a súa obra foi exposta e premiada nos seguintes certames e exposicións:- 1º Premio Concello de Ourense "Novos valores da Xove pintura Galega".- 3º Premio Deputación de Lugo "Novos valores da Pintura", - 3º Premio "Xove Pintura Lucense"-Mención especial do xurado "II Certame Internacional de Minigravado Cidade de Ourense".De 1969 a 1998 realiza 15 exposicións individuais en Galicia e parte de España. Foi seleccionada en certames galegos e españois: Bienal de Pontevedra, Premio da Escola de Belas Artes de San Eloy (Salamanca), Premio Valentí tema único "Juegos Olímpicos de Barcelona", etc...A súa pintura atópase en Coleccións Particulares, organismos oficiais, repartidos por todo o territorio español, e no Museo Municipal de Ourense.Da súa obra escribiron numerosas personalidades e críticos en revistas especializadas de arte e diarios, destacando o erudito Filgueira Valverde, o filósofo uruguaio Carlos Gurméndez, a crítica de arte Gago Florenti (Revista Crítica de Arte), o durante anos cronista oficial de Lugo Trapero Pardo, o escritor e periodista Juan Soto, o periodista Antonio Soto, e un longo etcétera.
A súa pintura é figurativa, non fotográfica. Suxire máis que evidencia. Utiliza cores complementarios, aínda que cada obra ten a súa entoación cromática. Os temas son variados. Predominan os das xentes da nosa terra, no campo, co gando, no marisqueo, cos seus labores, pero tamén destacan os interiores con personaxes da vida cotiá, panadeiras, bañistas, mercadores, etc... Todos estes temas están enfocados desde a visión intimista da autora.Na actualidade prepara unha exposición individual en Lugo, outra colectiva no Museo Provincial de Lugo, e tamén unha retrospectiva.