María Jesús Tapia Fernández


Categoría: Política e avogada
Data de Nacemento: 23 de xuño de 1961
Lugar de Nacemento: Burgos
 Currículum

Entre 1991 e 1993 ocupouse da xestión do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, unha actividade que compaxinou co cargo de delegada do Colexio de Avogados de Lugo na mesma localidade (1989 a 1999). É secretaria da Área de Muller e Familia do PP de Lugo e membro dos comités executivos provincial e rexional do PPdeG. É deputada e na pasada lexislatura presidiu a "Comisión Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior" do Parlamento.